Recibín o meu pasaporte fai un par de días, o visado está preparado e as maletas feitas. Xa só falta coller o avión e liscar, mais non vai poder ser ata o día dezaseis deste mes.
Saio dende Barcelona, fago unha escala de 35 minutos en Riga (si, 35 minutos) e chego a Moscova esa mesma noite, preto das nove.
Quedarei ata o dezaoito en Moscova e aproveitarei para ver a cidade e visitar os lugares máis emblemáticos da megalópole.
O dezaoito pola mañán collerei un voo a Volgogrado, novecentos e pico quilómetros ao sureste de Moscova, farei o rexistro, e se cadra darei un paseo pola cidade (cousa que dubido).
Xa alá, espero poderme conectar a Internet o máis cedo posible e facer unha análisis da viaxe; namentres, vouvos falar da cidade e mailo país no que vai acontecer todo.
Deica a próxima!
0 comentarios:
Publicar un comentario